En portadaÚltima hora

Comeza en Valdeorras a III Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas

Esta terceira edición terá un carácter virtual e os participantes poderán realizar os percorridos entre o 19 e o 22 de novembro

Participantes na pasada edición da Carreira do Cancro de Páncreas de Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste 19 de novembro, Día Mundial do Cancro de Páncreas vén de poñerse en marcha a Carreira das Cidades 2020 de Vilamartín de Valdeorras, cun carácter virtual. Todas as persoas inscritas poden facer dende hoxe e ata o domingo 22 de novembro o seu percorrido.

Ademais poden rexistrar a súa participación descargando a aplicación móbil https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.carrera_ciudades ou https://apps.apple.com/us/app/carr-ciudades-c%C3%A1ncer-p%C3%A1ncreas/id1536152909) e accediendo cos seus datos de incrición (email de inscrición e data de nacemento).

Aqueles que non estean aínda rexistrados e teñan interese en participar e colaborar coa causa poden anotarse ata as 23:59 horas do domingo 22 en https://lastlap.com/net/carrera-cancer-pancreas/

Ademais dende a organización propoñen algunhas suxerencias para os percorridos pola comarca de Valdeorras:
1. Camiño de Inverno entre O Barco de e Vilamartín.
2. Ruta do Río Farelos en Arcos.
3. Volta ao encoro de Vilamartín entre Penouta e Valencia do Sil.
4. Ruta “Carreira das Cidades 2019” ( https:// carreracancerpancreas.es/carreira- vilamartin/#percorrido). Carrera, andaina curta e longa e BTT.
5. Ruta “Carreira das Cidades 2018” – Vilamartín – Mazo – Córgomo – Arcos – Vilamartín. 6. Roteiro Vilamartín – Penouta – Correxais – Arnao (por Vía Nova) – Vilamartín.
7. Ruta Vilamartín – Valencia do Sil – Castro – Valencia do Sil – Vilamartín.
8. Ruta Sobradelo: Saída da estación de RENFE, Camiño de Santiago ata Pumares e volta a Sobradelo polo Camiño, seguir o Camiño de Inverno ata a saída cara a Éntoma e regreso á estación de RENFE.

As persoas que fagan o percorrido e queiran que as súas fotos saian publicadas no Periódico O SIL poden envialas a redaccion@osil.info

Dende a organización da carreira tamén se insiste na importancia de evitar as aglomeracións e cumprir coas normas sanitarias actuais. E lémbrase que todos aqueles que queiran facer unha doazón sen participar de forma activa na proba poden facelo co Dorsal 0 no mesmo formulario de inscrición https:// lastlap. com/net/carreira- cancer- pancreas/

“Tamén podedes facer un ingreso directamente na conta da Carreira da Asociación Cancro de páncreas indicando “Carreira Virtual”. Os datos da conta son os seguintes: − Asociación Cancro de Páncreas (Acanpan) − Caixa Bank − CCC: 2100 9055 1302 0012 7673 − IBAN: ES16 2100 9055 1302 0012 7673 ou na conta de Acapaval indicando “Doazón Cancro de Páncreas”. Os datos da conta son os seguintes: − Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras Caixa Bank− ES31 2100 4346 0302 0018 5639 CCC: 2100 4346 03 02 00185639

Máis información: https:// carreracancerpancreas.es/

Artigos relacionados

Back to top button