OurenseÚltima hora

Comeza a funcionar a II Lanzadeira de Emprego de Ourense

O equipo está formado por vinte peroras desempregadas de entre 19 e 46 anos
Primeiro día de traballo na II Lanzadeira de Ourense.
Primeiro día de traballo na II Lanzadeira de Ourense.

Vinte persoas desempregadas participan na II Lanzadeira de Emprego de Ourense, impulsada por Fundación Santa María la Real, Fundación Telefónica e Concello de Ourense, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo POISES.

O equipo está constituido por 15 mulleres e 5 homes con idades comprendidas entre os 19 e os 46 anos, con diversos perfís formativos (FP, Bachallerato ou estudios universitarios) e procedentes de diferentes sectores, como administración, fontanería, dereito, comunicación, enxeñeirías, ou educación.

Lidia Enrich, técnica encargada do proceso de selección e da xestión da lanzadeira durante ls próximos cinco meses, explica que se trata dun grupo heteroxéneo, co que adestrará unha búsqueda de traballo en equipo, para que podan mellorar a súa motivación, coñecer novas ferramentas de búsqueda de traballo, reforzar as súas competencias transversais e multiplicar as súas oportunidades de inserción laboral. “Están moi ilusionados, e o que máis lles gustou é a posibilidade de compartir as súas experiencias e medos con outras persoas na súa mesma situación; traballar todos para todos, e sumar esforzos para acceder ao mercado laboral”, agrega Lidia.

Durante os próximos cinco meses, reuniranse varios días á semana no Centro de Iniciativas Empresariales, cedido polo Concello. Levarán a cabo sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e búsqueda de emprego 2.0; entrevistas personais; elaboración de mapas de empleabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.

Participantes na II Lanzadeira de Ourense.
Participantes na II Lanzadeira de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button