ConcellosÚltima hora

Comeza a instalación da pista de patinaxe de xeo no Barco

Estará en funcionamento do 22 ao 30 de decembro na praza do Concello desta vila valdeorresa e AEVA e O Barco CCA entregarán invitacións para poder usala
Traballos de instalación da pista de patinaxe na praza do Concello do Barco.

Patinar é unha das alternativas que se propoñen no Barco para gozar das datas do Nadal. Tanto para os máis pequenos, como para os maiores. Así a praza do Concello do Barco acollerá entre os días 22 e 30 de decembro unha pista de patinaxe de xeo sintético. Funcionará nun horario de 11h. a 13h. e de 17 a 21h. Se ben o día 24 de decembro só estará aberto ata as oito.

Ademais ao mesmo tempo haberá un parque de xogos con inchables no interior do pavillón vello. E xa do 1 ao 7 de xaneiro montarase un gran parque de inchables no pavillón de Calabagueiros (co mesmo horario). O día 6 estará aberto só pola tarde.

Esta iniciativa está organizada por Mantesil en colaboración co Concello do Barco, con AEVA e co Barco Centro Comercial Aberto. De feito, os establecementos que participan na campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA repartirán 350 invitacións entre os seus clientes. As invitaciones daranse na oficina de AEVA ás persoas que presenten un ticket de compra obtido en cualquera destes comercios. Con elas poderá usarse a pista durante 30 minutos en horario de mañá (de 11.00 a 14.00 h.), durante os días 22 a 30 de decembro. As invitacións entregaranse dende mañá mércores, día 20 de dicembro, a partir das 16 horas e ata fin de existencias.

 

A pista funcionará a partires do 22 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button