DeportesÚltima hora

Comeza a liga galega de clubs de natación

O Club Natación Pabellón Ourense tentará situarse en cabeza, na 1ª xornada que se disputa mañá en Lugo
O CNPO comeza mañá a liga galega de clubs.

Despois do subcampionato conseguido na pasada tempada, o Club Natación Pabellón Ourense sairá a por todas na liga galega de clubs que comeza mañá, sábado 4 de novembro, na piscina de Frigsa en Lugo.

O formato da máxima competición autonómica a nivel de clubs, consta de tres xornadas preliminares que dan acceso á fase final na que os tres primeiros loitarán polo título e os tres restantes xogaranse a permanencia. Os rivais dos ourensáns na división de honra serán o Galaico (actual campión), o Club del Mar, o Ferrol, e os recén ascendidos Fluvial de Lugo e Portamiñá.

Na primeira xornada de mañá, desenvolveranse as probas de 400 libre, 100 braza, 100 bolboreta, 200 costas, 200 estilos e 50 libres, ademais dos relevos.  Malia algunha baixa de última hora, o técnico do CNPO Daniel Toro, resalta o aumento de nivel do equipo feminino con respecto ao ano pasado, coas novas incorporacións en categoría infantil que participarán na proba, ademais de conservar o bloque absoluto de anos anteriores, co cal confía en realizar unha primeira xornada boa que lle permita estar xa entre os tres mellores.

Artigos relacionados

Back to top button