ConcellosÚltima hora

Comeza a montaxe do IX Mercaberto no Barco

A mostra, promovida polo CCA en colaboración co Concello barquense, celebrarase do 18 ao 19 de agosto no Paseo do Malecón
O recinto feiral do Mercaberto instalarase no Paseo do Malecón, nas proximidades do Casino./ Foto: A.R.

Na mañá do 16 de agosto comezaban xa os primeiros traballos no Paseo do Malecón do Barco para montar o recinto feiral do que será o IX Mercaberto, unha feira de oportunidades que se desenvolverá do 18 ao 19 de agosto.

Nesta iniciativa, promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración co Concello, participarán un total de 13 expositores de sectores como o téxtil, calzado, perfumería, pastelería, decoración ou complementos. Así contarán con stand: Moral Zapatería, Can-Can, Librería Murciego, Novedades Maribel, D’Chus, A Casiña, Varadero, Mis Personajes, Ton y Son, Fíos Moda, Perfumería-Droguería Damas Escuredo, Baamonde O Barco e tamén a asociación benéfica Asfaval.

 

Parte dos stands que albergarán o Mercaberto no Malecón barquense./ Foto: A.R.

A mostra inaugurarase ás seis e media da tarde do 18 de agosto e permanecerá aberta ata as once da noite. O horario na segunda xornada desta feira será de 11h. a 14h. e de 17h. a 23h. Ademais da exposición e venda de produtos “a prezos moi rebaixados”, o IX Mercaberto incluirá diversas actividades complementarias como o concercto do grupo valdeorrés Clon Bois o día 18 ás 23h. na mesma zona da feira ou. Xa na tarde do 19 de agosto, a partires das 20:30h., haberá unha disco móbil dirixida ao público infantil, con animadores e bailaríns, así como obradoiros de maquillaxe de escena e fantasía e xogos de animación.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close