EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Comeza na Rúa o curso sobre técnicas de viticultura da UNED

Consta de 24 horas presenciais e celebrarase ata o 11 de maio de 2019

Unha trintena de personas participaban na primeira sesión do Curso de Técnicas de Cultivo en Viticultura e Plantación de Viñedo que comezaba esta fin de semana na Aula Uned A Rúa.

Inaugurado pola coordinadora e titora da Uned,  Jacina Sánchez, na primeira xornada celebrada onte, o enxeñeiro agrónomo Ricardo Dobao falaba aos asistentes sobre o preparado do chan, mantemento e fertilización. Hoxe, sábado 24 de novembro tocáballe o turno ao tamén enxeñeiro agrónomo Santiago Pérez que centraba a súa clase nos portainxertos e variedades.

Artigos relacionados

Back to top button