DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Comeza no Barco o curso de monitor de fútbol sala

Unha vintena de persoas asistía á primeira sesión celebrada no Salón de Actos do Multiusos

Dende hoxe, 8 de febreiro, e ata o 8 de marzo, desenvólvese no Barco de Valdeorras o curso de monitor de fútbol sala. A primeira sesión celebrábase no Salón de Actos do Multiusos coa asistencia dunha vintena de persoas, todos vencellados ao deporte de sala (adestradores e monitores de diferentes equipos), da comarca de Valdeorras e tamén das Terras de Trives.

O curso, oficial da Real Federación Galega de Fútbol, está coordinado por Xocas Miranda (adestrador do equipo sénior do Pizarras Los Tres Cuñados FS) que será ademais un dos profesores, e consta de 65 horas que despois da presentación celebrada hoxe, impartiranse no pavillón de Calabagueiros, os luns e venres de 20 a 23h. e algún sábado de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.

O programa divídese en cinco grandes áreas de grao elemental: técnica (análise e instrucción); táctica (evolución, creación de equipos); adestramento deportivo; de ciencias do comportamento (psicoloxía, liderazgo,…); e complementaria (nutrición, xestión, tecnoloxía,…)

 

O técnico da RFGF na primeira sesión do curso.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button