ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Comeza o curso básico de Protección Civil na Rúa

 

Entre as nove da mañá e as oito da tarde deste sábado 9 de novembro impartíase a primeira xornada do curso básico de Protección Civil que se desenvolverá neste mes na Rúa. Inclúe unha parte teórica, que se impartía nunha das aulas do Centro Cultural Avenida, e outra práctica en exteriores, contando co persoal do Parque de Bombeiros de Valdeorras.

Neste curso participaban uns 24 voluntarios: 5 da agrupación de Protección Civil da Rúa, 6 de Petín, 3 de O Bolo, 2 de Ribas de Sil (Lugo), 2 de Viana do Bolo, 2 de Vilamartín, 1 de Manzaneda e 1 de Vilariño de Conso, tal e como se informa dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa.

O curso continuará mañá domingo día 10 de 9h a 20h, o sábado 16 de novembro de 9h. a 18h. e o domingo 17 de 9h. a 15h.

Fotos e vídeo cedidos por Protección Civil da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button