ConcellosÚltima hora

Comeza o festival Extruga Street en Verín

Terá lugar durante os días de hoxe e mañá, días 30 e 31 de agosto

 

A terceria edición do festival Extruga Street de Verín comezou hoxe, venres 30 de agosto, cun obradoiro de graffitis para os nenos e nenas da Ludoteca e Campamento Urbano do Concello de Verín. Nel decoraron un muro do exterior da Piscina Climatizada de Verín.

Así, pola tarde, na praia fluvial, realizouse outro obradoiro, neste caso de slackline e decoración de gorras, acompañado dunha batalla de regueifas cunha gran afluencia.

 

 

A partir das 21:15 horas comezarán as actuacións musicais de grupos locais, e mañá será o día grande, onde as actividades serán no skate park. Estas actividades consistirán nunha xuntanza de Scooter e BMX, ademais dun obradoiro de rap, da man da Asociación Vella Escola de Santiago de Compostela.

 

 

Pola noite, o recinto da Lonxa Agropecaria encherase de música con concertos de artistas como Dakidarría, Sara Lugo, J Dose ou Skandalo GZ.

Artigos relacionados

Back to top button