En portadaÚltima hora

Comeza o II Ciclo de Novela Negra de Verín

A charla “Metodoloxía da investigación”, impartida por Carlos Fernández Sueiro, abría o programa

Carlos Fernández Sueiro, policía xudicial da Garda Civil, na charla impartida en Verín./ Foto: Carlos Montero.
Carlos Fernández Sueiro, policía xudicial da Garda Civil, na charla impartida en Verín./ Foto: Carlos Montero.

Entre o 30 de marzo e o 14 de abril desenvolverase o II Ciclo de Novela Negra, organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, no Salón de actos da Casa da Cultura deste municipio ourensán. O programa abríase o 30 de marzo coa conferencia “Metodoloxía da investigación”, impartida por Carlos Fernández Sueiro, policía xudicial da Garda Civil.

Este Ciclo de Novela Negra, que organiza a Biblioteca de Verín, continuará ata o 14 de abril./ Foto: Carlos Montero.
Este Ciclo de Novela Negra, que organiza a Biblioteca de Verín, continuará ata o 14 de abril./ Foto: Carlos Montero.

Esta iniciativa, que incluirá un total de cinco charlas, continuará na tarde do 31 de marzo cunha nova conferencia ás 19:30h., desta volta a cargo de Diego Ameixeiras, xornalista, guionista e autor de case unha ducia de novelas de temática negra, como “Baixo mínimos”, “Conduce rápido” ou a última “A noite enriba”, todas elas editadas por Xerais.

Este Ciclo de Novela Negra de Verín está promovido pola Biblioteca Pública coa colaboración da Xunta de Galicia, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural (FEADER), O Retiro do Conde e D.O Monterrei, e está enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento dá lectura e dinamización dá instalación municipal.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button