En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Comeza a tala de árbores dañadas no Aguillón da Rúa

Uns 300 exemplares de chopos e amieiros enfermos serán talados nos vindeiros días

Despois do proceso de evaluación, listaxe e contratación pertinentes, os traballos de tala das árbores enfermas da área recreativa do Aguillón, na Rúa, comezaban na mañá do luns 11 de xullo. En total son máis de 300 os troncos (chopos e amieiros infectados co fungo) que deberán ser retirados nunha labor que se prolongará durante aproximadamente unha semana e media, “a zona ten que estar limpa para comezos de agosto”, asegurou a alcaldesa, María González Albert.

A decisión de talar as árbores por parte do Concello xurdíu trala caída accidental de varios exemplares enfermos (os últimos trala intensa treboada de hai unha semana). Non chegaron a causar danos persoais, pero os técnicos da Confederación Hidrográfica do Miños-Sil xa marcaran os que se atopaban en malas condicións para que fosen cortados.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button