DeportesÚltima hora

Comeza a tempada xeral para máis de 45.000 cazadores galegos

Os tecores nos que se pode practicar a actividade cinexética en Ourense superan as 660.000 hectáreas
Xabarín de 130 quilos abatido pola Peña Moura de Larouco./ Foto: cedida.
Xabarín de 130 quilos abatido pola Peña Moura de Larouco./ Foto: cedida.

Hai xa case dous meses que se abría a veda para a caza en Galicia de determinadas especies como o xabarín (o 27 de agosto), moi abundante especialmente no interior das provincias de Lugo e Ourense, pero non era ata o domingo 16 de outubro cando se iniciaba a tempada de caza xeral 2016-2017.

Dende onte e ata o 6 de xaneiro de 2017 (15 de xaneiro no caso do xabarín), o colectivo de cazadores galegos que, segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, se sitúa en máis de 45.000, poderá dispoñer de licenza para exercer esta actividade en 457 tecores (108 na provincia de Ourense), que superan os 2,6 millóns de hectáreas (667.133 na provincia interior).

Entre as principais novidades que se recollen na resolución do 22 de abril de 2016 para a nova tempada, destaca o feito de que nos terreos de réxime cinexético especial que teñan autorizada a prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro ata o 15 de marzo de 2017 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. Nos terreos de réxime cinexético especial establécese, asemade, un período mínimo de dous meses consecutivos durante o cal non se pode adestrar cans nin aves de cetraría.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button