EconomíaEconomíaÚltima hora

Comeza un curso de limpeza industrial en Quiroga

Esta acción formativa conta con 10 alumnos e prolongarase ata o 30 de abril

O alcalde de Quiroga e a concelleira de Servizos Sociais, no curso que se vén de iniciar na localidade./ Foto: Concello de Quiroga.

 

Nesta semana vén de iniciarse en Quiroga un curso de limpeza industrial organizado pola Consellería de Política Social, dentro do plan da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, e que se prolongará ata o 30 de abril.

O curso estase a impartir na Casa da Cultura e nel participan 10 persoas, co fin de cumprir coas medidas antiCovid, posto que neste tipo de iniciativas eran 15 as persoas que podían participar.

Os alumnos, pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, recibían a visita do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e da concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez. O rexedor dáballes a benvida e lembráballes a importancia de contar con titulación para todos os traballos, polo que o bo aproveitamento do curso servirá para a súa profesionalización.

O Plan de Estratexia de Inclusión Social constitúe un marco integrado de intervencións orientadas a responder de maneira efectiva e coordinada ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social, e procurar os apoios precisos para que as persoas destinatarias consigan a súa inclusión social e laboral.

Artigos relacionados

Back to top button