DeportesÚltima hora

Comeza un novo curso das “Clases Deportivas Municipais” en Viana

As inscricións estarán abertas ata o 20 de setembro nas modalidades de fútbol, baloncesto e predeporte

En Viana do Bolo porase en marcha neste outono o programa “Clases Deportivas Municipais” para o curso 2019-2020. Vai dirixido a “fomentar a práctica deportiva entre os/as nenos/as e mozos/as do noso municipio”, segundo informa o Concello de Viana. Este programa comezará no mes de outubro e rematará co curso escolar (en xuño de 2020).

Deste hoxe ata o vindeiro 20 de setembro os rapaces poden anotarse nas 3 modalidades deportivas ofertadas inicialmente: fútbol, baloncesto e predeporte (para os/as máis cativos/as). Os grupos deberán contar cun mínimo de 10 participantes.

As inscricións e a información estarán dispoñibles nas Oficinas do Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button