CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Comeza un novo curso no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco

 

Aínda que a situación sanitaria mellorou considerablemente con respecto ao ano pasado, mantense o protocolo Covid nos centros escolares para este curso 2021/2022 que arrinca hoxe.

Días antes, o centro publicaba a través do Facebook os horarios de entradas e saídas ademais das normas básicas de convivencia, horarios saída do servizo de comedor e os protocolos de entradas e saídas para información dos pais e hoxe, dende as 9:05 e as 9:30h. empezaban a entrar no CEIP Pluriligüe Julio Gurriarán do Barco os seus alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Mantendo en todo momento as distancias de seguridade, os pais e as nais acompañaban aos seus fillos, todos con mascarilla, ata a porta de acceso ao recinto escolar. De un e un, entraban primeiro ao patio, onde os profesores os colocaban separados por curso e, unha vez que estaban todos, dirixíanse á aula tras pasar por unha alfombrilla desinfectante e botabáselles xel nas mans.

Comezaba así un reencontro coas aulas marcado un ano máis polas medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button