En portadaÚltima hora

Comeza unha ABAU no IES Cosme López da Rúa marcada polas medidas de seguridade

Os alumnos debían asistir con mascarilla e habilitáronse tres entradas e cinco aulas para os diferentes institutos

 

A ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) 2020 comezaba nesta mañá de 7 de xullo e seguirá durante os días 8 e 9. O Cosme López Rodríguez da Rúa volveu acoller a proba en Valdeorras cun cento de alumnos do IES Lauro Olmo e IES Martaguisela do Barco; Pablo VI e IES Cosme López da Rúa; IES Xermán Ancochea de Trives; IES Carlos Casares de Viana do Bolo; e IES de Quiroga.

Os alumnos comezaban a proba ás 9 da mañá coa presentación, onde se lles esixiu o uso de mascarilla e o xel hidroalcólico ao entrar. Habilitáronse tres entradas para os diferentes centros e cinco aulas, cando en anos anteriores eran dúas. Ademais, as medidas de seguridade reforzáronse con efectivos de Protección Civil da Rúa.

 

Xel hidroalcólico antes de entrar á proba.

 

Nesta primeira xornada serán os exames de Historia de España, Lingua Castelá e Literatura, Matemáticas aplicadas ás CC.SS, Fundamentos da Arte, Economía da Empresa e Deseño.  O mércores 8 será o turno de Lingua Galega e Literatura, Primeira Lingua Estranxeira, Matemáticas, Latín, Debuxo Técnico, Artes Escénicas, Segunda Lingua Estranxeira, Química e Grego.

 

 

Por último, o último día pola mañá serán os exames de Bioloxía, Historia da Arte, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual, Xeoloxía e Historia da Filosofía. A tarde estará reservada para incidencias non previstas.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button