Eleccións Xerais 26-XEn portadaGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

Comeza a xornada electoral

Nestes comicios están convocados ás urnas 266.053 ourensáns

Coa apertura das 548 mesas electorais da provincia, arrancaba en Ourense a xornada electoral do 26 de xuño. Nesta cita poderán exercero o seu dereito ao voto 266.053 ourensáns.

Nesta galería de fotos poden verse algunhas imaxes de electores exercendo ao seu dereito ao voto no Barco, que conta con 18 mesas electorais nestes comicios. Están situadas no Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na biblioteca municipal, no IES Martaguisela, no Concello do Barco e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

A información irase actualizando ao longo do día.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button