En portadaÚltima hora

Comezan a facerse os 400 primeiros test ao persoal docente da provincia

Este cribado realizarase tamén nas vindeiras datas nos HospitaisValdeorras e Verín, onde tamén será citado o persoal docente que teña fixada a súa residencia nos concellos limítrofes a estes centro

Publicidade

 

 

Nesta tarde de 24 de agosto comezaban a realizarse os primeiros test rápidos de anticorpos de dobre banda a todos os mestres e profesores dos centros educativos da provincia de Ourense “co obxectivo
de determinar as posibles infeccións por COVID-19, antes de dar comezo o curso escolar”, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Estanse a realizar no servizo de extraccións do laboratorio de análises clínicas do Santa María Nai e en quenda de mañá e tarde durante o sábado e domingo e estímase que na tarde de hoxe pasaban preto de 400 docentes polo centro sanitario para a realización das probas. Asemade este cribado realizarase tamén nas vindeiras datas nos Hospitais de Verín e Valdeorras onde tamén será citado o persoal docente que teña fixada a súa residencia nos concellos limítrofes a estes centros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button