En portadaÚltima hora

Comezan a facerse os test COVID-19 dende o coche no Hospital de Valdeorras

Arredor das cinco da tarde deste luns poñíase en marcha no Hospital Público Valdeorras, no Barco, o denominado AutoCov, un dispositivo que permite a recollida de mostras para realizar o test do COVID-19 sen baixarse no coche.

Este punto de recollida de mostras está instalado diante da entrada de Rehabilitación do centro hospitalario valdeorrés, nunha zona separada doutras áreas asistenciais, ben comunicada tamén co Laboratorio de Microbioloxía, onde se rexistra a mostra, quedando todo o proceso reflectido na historia clínica electrónica.

 

 

Ao igual que o outro dispositivo en funcionamento en Ourense, seu obxectivo é axilizar a recollida das mostras dos pacientes con poucos síntomas e autonomía, aos que se lle indica a realización da proba, ben desde o 061 ou polo médico responsable, e que recibirán nas próximas horas un SMS, coa hora da cita e a xeolocalización do punto exacto ao que deben acudir. Nunca a demanda do propio usuario.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button