Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Comezan as acrobacias no Casco Vello de Ourense co Pulpo Extreme

O festival de cultura urbana trae unha baixada de MTB pola parte histórica da cidade con saltos de vértigo

O Pulpo Extreme enche dende onte as rúas de Ourense de bikers, skaters e outros deportistas amantes da cultura urbana. O ruído das rodas polas beirarrúas inunda a cidade coa celebración deste festival que, principalmente, se concentra no cirucíto pechado montado en Expourense. Mais a cidade tamén adopta protagonismo hoxe cunha baixada de MTB polo Casco Vello. Esta mañá os deportistas tomaron contacto co percorrido na sesión de adestramentos, que xa atraeu a numerosos curiosos a ver as primeiras acrobacias e piruetas sobre bicicleta de montaña.

Está previsto que a partires das 16 horas se xogue a final, con entrega de premios ás 18 horas. Para aqueles que non queiran perderse o espectáculo, o trazado desta proba discorrerá entre o Mirador Carmelitas até o Xardín das Burgas, con paso pola rúa Estrela, rúa San Francisco, rúa Gravina, rúa Juan de Austria, rúa Arcediagos, Praza Maior e Rúa Doutor Marañón.

En paralelo, Expourense acolle tamén competicións de roller, bmx e skate, nas que se xogarán as clasificacións para disputar a final mañá, domingo.

Artigos relacionados

Back to top button