CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Comezan as clases de ESO, Bacharelato e Ensinanzas de Réxime Especial

A maioría dos estudantes da ESO e Bacharelato concéntranse na comarca de Ourense, seguida por Valdeorras e Verín
Dous estudantes entrando no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras./ Foto: Mónica G. Bellver.

Máis de 14.100 estudantes (dun total de 147.439 en toda Galicia) están matriculados neste curso 2018/2019 na provincia de Ourense, en clases de ESO, Bacharelato e Ensinanzas de Réxime Especial (para adultos, artísticas e deportivas).

Cinco días despois de que comezaran as clases en Educación Infantil e Primaria, hoxe 17 de setembro comeza a actividade lectiva nos institutos. Segundo os datos provisionais da Xunta que poden variar, 8.746 alumnos comezan o curso en ESO na provincia de Ourense, 5.470 en centros públicos, 3.056 en centros privados concertados e 220 en privados non concertados.

Con respecto ás clases de Bacharelato, que comezarán uns días máis tarde, están matriculados 2.817 alumnos en toda a provincia, 2.256 en centros públicos e o resto en centros privados non concertados.

Tamén chegaron ás aulas os estudantes de ensinanzas de réxime especial, nas que se inclúen as destinadas para adultos, as artísticas e deportivas. No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que na provincia de Ourense as cursarán este ano un total de 1.574 persoas, das cales 78 están matriculadas en ensinanzas básicas de nivel I e II, 568 en educación secundaria para adultos, 133 en bacharelato presencial e 264 no bacharelato semipresencial ou a distancia. Segundo os datos provisionais, 1.021 alumnos están matriculados en ensinanzas regradas de música no conservatorio ou centros autorizados da provincia de Ourense.

Por comarcas, a maioría dos estudantes da ESO e Bacharelato concéntranse en Ourense (6.647), seguido de Valdeorras con 1.032 e Verín con 878

Artigos relacionados

Back to top button