ConcellosO BarcoÚltima hora

Comezan as obras da avenida do Bierzo no Barco que, por agora, non suporán o corte da vía

Imaxe da avenida do Bierzo no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mañá luns está previsto o inicio das obras de remodelación integral da Avenida do Bierzo, no Barco, que executará a empresa Acoval. “Estas obras afectarán ao tramo da avenida incluido entre as rúas Marcelino Suárez e San Francisco Blanco. A empresa adxudicataria encargarase de toda a sinalización por mor das obras, e, polo de agora, non está previsto cortar este vial. En caso de cortes no futuro, comunicarase con antelación”, tal e como vén de informar o Concello do Barco.

Estes traballos afectarán tanto as infraestruturas de subministros neste vial como ás beirarrúas e á calzada. Os traballos comezarán coa retirada de todas as árbores existentes neste tramo da rúa, xa que as obras de substitución de redes de subministro afectan ás zonas ocupadas polas árbores. “Todos os exemplares que se retiren serán substituidos por outros, adecuados aos entornos urbanos, cando rematen as obras”, indica o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button