EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Comezan as obras da zona de esparexecemento para cans no Barco

Estará situada nas proximidades da Casa do Río Cigüeño e terá unha superficie duns 1.400 m2

Os traballos para crear un parque destinado a cans no Barco veñen de iniciarse. Este proxecto, que se daba a coñecer a mediados de marzo, comeza a tomar forma nas proximidades da Casa do Río Cigüeño da vila e terá unha superficie aproximada de 1.400 m, segundo o Concello do Barco.

Este espazo será acondicionado para o seu uso por parte dos cans do municipio. Así, procederase ao sementado de céspede e á instalación de sistemas e rego automático, plantaranse árbores para dar sombra e pecharase todo o espazo, segundo se adiantaba dende o Concello do Concello. Tamén está prevista a instalación de elementos para xogos e exercicio para os animais. A intervención completarase con papeleiras e carteis coas instrucións de uso da zona de esparexemento canino.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button