SanidadeÚltima hora

Comezan as obras de acceso para o novo Centro de Saúde da Rúa

 

O novo Centro de Saúde da Rúa, unha infraestrutura tan esperada como necesaria, está un pouco máis cerca de ser unha realidade. De feito, apenas tres días despois de asinarse o contrato de obras para os viais, acceso, acondicionamento e servizos ao novo ambulatorio, entre o alcalde Álvaro Fernández e o representante da empresa adxudicataria, comezaban as obras do acceso.

O prazo de execución é de 35 días naturais desde o seguinte á data do acta de replanteo (realizada o pasado xoves 18 de febreiro) e o presuposto ascende a 98.150 euros.

No acordo para levar a cabo este centro de saúde participan o Concello da Rúa, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia. A administración local foi a encargada de conseguir os terreos situados na rúa Arnaveca, (a cesión asinábase en setembro de 2020); a Deputación debía encargarse das infraestruturas, como as vías de acceso, acondicionamento e dotación de servizos (obra que xa comezou a executarse por parte dunha empresa de Xinzo de Limia); e o Goberno galego, da realización das obras do propio edificio.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button