ConcellosTrivesÚltima hora

Comezan as obras de acondicionamento do camiño da Seara (Trives)

 

Veñen de iniciarse os traballos para acondicionar o camiño da Seara no concello da Pobra de Trives. Este camiño dá acceso aos viñedos desta zona en Mendoia.

“É unha obra para a que acadamos unha subvención da Xunta de Galicia que aporta o 80% do importe. Esta actuación que leva taxeas de auga e firme de zahorra permitirá un mellor acceso para toda a veciñanza. Seguimos chegando a máis sitios e pouco a pouco mellorando o noso concello”, sinalan dende o grupo de goberno trivés.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button