OurenseÚltima hora

Comezan as obras de embelecemento do parque de San Lázaro de Ourense

Actuarase en todas as zonas verdes, con máis de 1.100 m2 de céspede e 1.800 flores

O Concello de Ourense inicia as obras de embelecemento e acondicionamento das zonas verdes do parque de San Lázaro. O obxectivo destas obras é o de “devolverlle a cor e o esplendor a un dos parques máis transitados e emblemáticos da cidade”.

 

 

Os traballos consisten nun primeiro momento, no escarificado e cavado dos lugares onde se vai actuar, para despois recebar o terreo con substrato para abonalo. A continuación instalaranse aproximadamente 1.100 m2 de céspede,  para rematar coa plantación de máis de 1.800 xeranios e ledicias.

 

 

O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, explicou que “esta actuación está en liña coas obras de acondicionamento e embelecemento que se están levando a cabo nos parques e xardíns da cidade” e que ían “actuar progresivamente en toda a cidade para que os veciños poidan gozar e presumir do seu Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button