ConcellosEconomíaEconomíaÚltima hora

Comezan as obras de mellora do pavimento no cemiterio municipal do Barco

Están sendo executadas pola empresa ACOVAL e suporán un investimento de case 33.000 euros

 

Entrada ao cemiterio municipal do Barco./ Foto: A.R.

 

Neste luns 19 de novembro veñen de iniciarse as obras de empedrado da Fase C do Cemiterio Municipal, adxudicadas á empresa ACOVAL por un importe de case 33.000 euros. Segundo os prazos establecidos no prego de condicións, as obras estarán concluídas o próximo mes de xaneiro.

“A mellora do pavimento debería terse realizado nos últimos meses, pero atrasouse ata agora por problemas internos da empresa adxudicataria. A obra decidiuse debido a que parte das rúas do cemiterio atópanse cun pavimento que presenta dificultades para o seu mantemento e limpeza, así como de accesibilidade. A súa substitución por un novo adoquín, de dimensións, textura e cor igual ao construído na parte nova do cemiterio, outorgará unidade a todo o espazo”, segundo se informa dende o Concello do Barco.

Ademais da colocación de adoquín, esta actuación inclúe a execución dunha rede de abastecemento nun dos pasillos, a construción de varias arquetas e a instalación dunha nova rede de evacuación de pluviais, “polo que a renovación non só dará continuidade ao pavimento de adoquín colocado nas últimas fases do Cemiterio, senón que tamén se conseguirá unha mellora considerable da accesibilidade e da evacuación de pluviais en todo o recinto”, segundo o Concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button