ConcellosTrivesÚltima hora

Comezan as obras de mellora e acondicionamento na praza de abastos de Trives

Converter a praza de abastos de Trives nun espazo que actúe como “referente territorial e comercial, fortemente vencellado á vila e a comarca e que sirva de expositor e canalizador da nosa cultura gastronómica”. Con este obxectivo traballa o Concello da Pobra de Trives e nesa liña vén de iniciar unhas obras de mellora e acondicionamento deste mercado.

“Nunha aposta decidida por recuperar, incentivar e promover o noso mercado de abastos, con productos autóctonos, de calidade, como lugar de encontro e articulador social e non só como equipamentos que acollen actividades económicas, decidimos acometer a reforma da praza de abastos da vila adaptándoa ás necesidades de usuarios e empresarios e à normativa vixente”, tal e como explica o grupo de goberno trivés.

E, para iso, e “seguindo a política de contención do gasto pero combinada con investimentos, que tan bos resultados nos está a dar é coa que reducimos xa en menos de dous anos moi considerablemente a débeda herdada no concello, é polo que solicitamos unha subvención que nos foi concedida para poder realizar esta obra, na que o concello só invirte o 20%”, indican dende o Concello de Trives.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button