ConcellosQuirogaÚltima hora

Comezan as obras de mellora na rúa principal dos Novais (Quiroga)

Cedida.

 

Estanse a realizar traballos de mellora da rúa principal dos Novais integrada no trazado do Camiño de Inverno, onte reuníanse neste lugar o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, a directora de obra, Sonia Parcero e Laura Rodríguez, de materia; o capataz de obras municipal, Martín Romero, e o capataz da empresa adxudicataria (Construcciones Agramejuto SL).

A Xunta de Galicia, a través da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quiroga colaboran na execución desta actuación urbanística como constata o convenio asinado no pasado mes de novembro para fixar os termos da cooperación técnica e económica entre ambas administracións.

A intervención, cun orzamento de 55.000 €, consiste nunha serie de actuacións de embelecemento e mellora da pavimentación na vía principal, que discorre desde o inicio do núcleo ata a fin da delimitación, uns 300 metros, e que contaba cun pavimento de formigón deteriorado e pouco integrado coa contorna.

Tendo en conta a situación da vía dentro do Camiño de Inverno, foi preciso modificar o tipo de formigón que nun primeiro momento se barallaba. O formigón empregado é o denominado “lavado – desactivado”, único material que permite empregar Patrimonio dentro das rutas Xacobeas. Aínda que o rexedor local prefería e defendeu a utilización do “formigón impreso” como se falou nun primeiro momento, non se permitiu a súa utilización.

Como paso previo ao inicio das obras, acometéronse os traballos de limpeza necesarios ademais de preparar a superficie de asento. As previsións da dirección da obra son que os traballos estean totalmente rematados a vindeira semana.

Artigos relacionados

Back to top button