A RúaConcellosÚltima hora

Comezan as obras de mellora no paseo do Aguillón (A Rúa)

 

Na mañá deste luns 12 de abril comezaban as obras de mellora ambiental da área recreativa e paseo do Aguillón, na Rúa.

Trátase dun proxecto subvencionado polo GDR cun investimento duns 70.000 euros que contará con varias actuacións, distribuídas en tres apartados: a zona da “Chopera”, o paseo do Aguillón e a Aula da Natureza.

Con respecto á “Chopera”, tal como figura no proxecto do Concello, procederase á repoboación da zona de uso intensivo na que se sitúan os merendeiros, grella e camiños peonís transitados, co obxectivo de “crear zonas con sombra que permitan o desenvolvemento de actividades propias deste uso de maneira agradable e confortable”. O total de  árbores a plantar nesta actuación é de 60, distribuídas en 6 rodais, das especies Acer platanoides, Alnus glutinosa, Betula pendula, Juglans rexia e Prunus serrulata. Tamén se colocará unha varanda de protección de zona verde.

Para outra das actuacións, disponse da habilitación dun paseo fluvial deportivo ao redor do encoro de San Martiño que se a condicionará mediante pavimento continuo e antiescorregadizo a base de resinas de poliuretano con protección resistente ao raios ultravioletas.

Por último, con respecto á Aula da Natureza, procederase á identificación das distintas especies arbóreas da zona coñecida co “Arboretum” mediante carteis así como a instalación dunha caseta de madeira de observación da fauna do entorno, especialmente da diferentes especies de aves que paran no encoro.

O prazo de execución das obras é de 14 días naturais.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button