Comezan as obras de rehabilitación da “Casa dos Camiñeiros” en Viloira

Na mañá deste luns 16 de abril comezaban as obras do proxecto de rehabilitación da Casa dos Camiñeiros de Viloira (O Barco) co fin de convertila nun centro sociocultural. Trátase dunha edificición do século XIX, que presenta un estado ruinoso, e que foi utilizada no seu día polos peóns camiñeiros encargados da construción da rede xeral viaria. Está situada na Avenida Elena Quiroga 28, de Viloira, e era propiedade da Xunta de Galicia. Hai máis dun ano o Concello do Barco tramitaba a súa cesión para que pasara a ser propiedade municipal.

A intervención, cun prazo de execución de seis meses, contempla unha rehabilitación completa, tanto no interior como no exterior da casa. A obra, promovida polo Concello, está sendo executada por Construcciones Ayasa. O autor do proxecto de rehabilitación e agora director da obra é Luis Álvarez. O orzamento do proxecto é duns 88.000 euros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Recreación de como quedará o inmoble tras a execución do proxecto.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies