ConcellosÚltima hora

Comezan as obras de reparación da cuberta do edificio multiusos do Barco

Imaxe do inicio das obras no edificio de usos múltiples na praza do Concello do Barco./ Fotos: A.R.

 

Veñen de iniciarse as obras de reparación da cuberta do edificio multiusos do Barco. Esta intervención, coa que se pretenden evitar as filtracións nesta edificación, ten un prazo de execución de dous meses e un investimento de 53.278,34 euros.

“O multiusos municipal construíuse nos anos 2002-2003 e, dende entón, a súa cuberta ten presentado problemas de filtracións, por elo, o Concello do Barco pretende reparar as filtracións da cuberta”, segundo esta administración local.

 

Artigos relacionados

Back to top button