DeportesÚltima hora

Comezan as obras de substitución de céspede artificial no campo de fútbol de Barbadás

Cun orzamento de adxudicación de 285 439 euros incluirán a instalación dun sistema de rego, sumideiros laterais e a nivelación da subbase da zahorra no campo de adestramento, con previsión de finalizar en agosto

 

O céspede artificial está xa no campo.

 

O campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá) comezou hoxe coa desmontaxe do céspede artificial existente no campo de fútbol 11, para o que será necesario o desprazamento de tres farolas. Seguidamente se procederá á colocación de céspede artificial no campo 8, antes en terra.

As obras, cun orzamento de adxudicación de 285 439 euros (con impostos), inclúen, ademáis da instalación dus sistema de rego por aspersión, a nivelación da subbase e vertedura da zahorra portante no campo de adestramento, a construción de sumideiros laterais, e a colocación na rede de soportes de aceiro galvanizado de tubo redondo, de seis metros de altura, para poñer a rede recollepelotas.

No referente ao céspede, tratarase dunha superficie deportiva sintética Dúo Shape 60, e colocarase sobre estratos con capacidade de filtración reducida.

A previsión é que o traballo no campo de fútbol 11 esté rematado en agosto.

 

Durante a explicación do procedemento.

 

Espérase gozar do céspede a partires de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close