SanidadeÚltima hora

Comezan as obras do Centro de Saúde do Couto

O orzamento da adxudicación é de 3.278.067 euros para un superficie construída de máis de 2.700 metros cadrados
Visita xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, da xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Eloína Núñez e da xefa territorial de Sanidade, María Villar, aos terreos onde se edificará o centro de saúde.
Visita xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, da xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Eloína Núñez e da xefa territorial de Sanidade, María Villar, aos terreos onde se edificará o centro de saúde.

A construción do novo Centro de Saúde do Couto xa está en marcha. As obras comezaban coa formalización da acta de comprobación de replanteo celebrada o 19 de febreiro e tras asinarse o contrato de obra entre o Servizo Galego de Saúde e a UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES, SA + PETROLAM A VEIGA, SL o pasado día 2 de febreiro.

Estas novas instalacións, que está previsto que se executen nun prazo de 14 meses, contarán con 14 consultas na área de medicina xeral, enfermería, matrona, farmacia, odontoloxía, fisioterapia, sala de técnicas, sala polivalente, consulta de urxencias, consulta da muller, 2 consultas na área de pediatría, traballador social, ademais de área de admisión, aquivos, etc.

O orzamento da adxudicación é de 3.278.067 euros para un superficie construída de máis de 2.700 metros cadrados. O centro está cofinanciado con ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013 e enmárcase na Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

Na mañá do 19 de febreiro o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitaba os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado da xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Eloína Núñez e da xefa territorial de Sanidade, María Villar, entre outras autoridades.

Artigos relacionados

Back to top button