En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Comezan as probas de selectividade no IES Cosme López da Rúa

Preto de 110 alumnos do oriente ourensán e Quiroga examínanse ata o 14 de xuño

Nalgunhas comunidades comezaron xa hai uns días pero en Galicia, a Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) máis coñecida como Selectividade comezaba hoxe, martes 12 de xuño, para preto de 11.500 xoves. Un dos centros nos que se desenvolven é o IES Cosme López Rodríguez da Rúa no que ás dez da mañá arrancaba o primeiro exame deste 2018.

Distribuídos en dúas aulas, un total de 109 razaces e rapazas dos institutos de Valdeorras (dous do Barco e un da Rúa), A Pobra de Trives, Viana do Bolo e Quiroga están a desenvolver os primeiros exames, correspondentes ás asignaturas troncais.

En horario de mañá e tarde, no primeiro día realizaranse pola mañá os exames de Lengua Castellana (10h.) e Historia de España (12h.). Pola tarde será o exame de Lingua Galega (15:30h.) e Inglés (17:30h.). E xa durante o mércores e o xoves celebraranse os exames das asignaturas propias dos Bacharelatos de Ciencias Naturais, Tecnoloxía, Humanidades, Ciencias Sociais e Artes.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button