OurenseÚltima hora

Comezan as proxeccións do Cineclube Padre Feijóo de Ourense con “O Noviño Frankenstein”

O visionado será o luns, 10 de agosto, ás 21:30h na Asociación Cultural Andén Primeiro

Fotograma da película.

 

O Cineclube Padre Feijóo comeza a súa programación de cine de verán coa película “O Noviño Frankenstein”, histórico filme de Mel Brooks. A actividade será ás 21:30h do vindeiro luns, 10 de agosto, na Asociación Cultural Andén Primeiro (Av. Marín núm. 23). O aforo está limitado e as localidades dispostas gardarán a distancia suficiente entre si para garantir as medidas de distanciamento social, froito da pandemia do coronavirus

“O Noviño Frankenstein”, do ano 1974, considérase un clásico do cine de comedia e terror. Narra, de forma cómica, a historia do doutor Frederick Frankenstein, un médico norteamericano que tenta escapar do legado do seu avó, quen creara anos atrás unha horrible criatura. Non obstante, cando herda o seu castelo en Transilvania, descobre un manual no que explica cómo devolver a vida a un cadaver. Así, o doutor Frankenstein comeza a crear o seu propio monstro.

A seguinte cita do ciclo de cine será o seguinte luns, 17 de agosto, ás 21:30. Neste caso o filme escollido foi “Conta Comigo”, de Rob Reiner. A proxección será na Praza da República, entre a Biblioteca Pública Nós e a nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button
Close