CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Comezan as visitas infantís á Granxa Escola A Capilla de Lentellais

Na tarde do 23 de outubro estas instalacións agrogandeiras do municipio do Bolo acollían a visita dun grupo de nenos rueses

Un grupo de nenos que participan na actividade “Multideporte” das Escolas Deportivas Municipais (EDM) da Rúa visitaba na tarde do 23 de outubro á Granxa Escola A Capilla, que comezaba a funcionar hai apenas dúas semanas en Lentellais (O Bolo).

Os rapaces acudían acompañados da súa monitora, Pili, e tamén dos seus pais e nais. Visitaban as diferentes partes desta explotación agrogandeira, nas que se crían galos de Mos e cordeiros da raza ovella galega, para coñecela e ver o seu funcionamento. Ademais interactuaban cos animais, aos que acariñaban e daban de comer. A visita finalizaba cunha merenda na mesma granxa.

Ademais de producir carne de ovella autóctona e galos de Mos, nesta granxa tamén se aposta pola vertente educativa para achegar aos máis pequenos o mundo do agro e da gandeiría dun xeito lúdico e divertido.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button