DeportesÚltima hora

Comezan a chegar a Vilamartín os ciclistas da Pilgrim Race

Pouco a pouco van chegando a Vilamartín de Valdeorras os participantes na Pilgrim Race, unha proba deportiva en bicicleta de montaña que percorre o Camiño de Inverno. Os deportistas farán noite na área recreativa do Bañadoiro e dende alí sairá mañá 22 xullo, a sétima etapa para chegar a Lalín.

A concelleira de Deportes de Vilamartín de Valdeorras, Eva Arias, tamén participa nesta iniciativa que promove as rutas xacobeas menos coñecidas, ademais de “organizar todos os preparativos para que o resto de participantes se sintan cómodos nas instalacións do Bañadoiro”, explican dende o Concello que cede o campo de fútbol para a acampada e o pavillón de deportes para instalar todos os servizos da organización, entre eles, “un sistema de cociñas para preparar as comidas”, puntualizan. Entre as actividades previstas para agasallar aos participantes desta proba haberá unha actuación do Folión Os viticultores, ademais dunha queimada con conxuro.

Fotos: Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button