ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Comezan as Festas da Ascensión en Rubiá

A procesión coa Virxe do Camiño, abría o programa que se estenderá ata o domingo 28 de maio

Un mes e medio despois de escenificar a Paixón de Cristo o Venres Santo, os veciños de Rubiá celebran durante catro días, as Festas da Ascensión. O programa comezaba de forma oficial no mediodía do xoves 25 de maio, día grande das festas, ás 12h. coa misa solemne concelebrada da Ascención do Señor, seguida pola procesión coa Virxe, de regreso á capela na que é custodiada durante todo o ano, acompañada pola charanga. Pola tarde tocará a orquestra Acordes, en sesión de tarde e verbena.

A xornada de mañá, venres 26 de mai,o arrancará de novo cun acto relixioso, nesta ocasión a procesión coa Inmaculada prevista para as 12h. tamén con acompañamento dunha charanga, seguida da misa solemne. O apartado musical correrá a cargo da disco movida A Boa Festa, con animación infantil pola tarde e baile para todos pola noite. Os festexos continuarán o sábado 27 de maio cunha actuación musical a cargo dun artista local na Casa da Cultura e torno ás 19h. O baile da tarde e da noite correrá por conta da orquestra La Fórmula.

E ao ritmo da orquestra, as festas da Ascensión chegarán ao derradeiro día, o domingo 28 de maio. Os cultos relixiosos marcarán de novo o comezo da xornada coa procesión coa imaxe de San Isidro ás 12h. que inclúe a bendición dos campos co acompañamento muscial dunha charaga e a posterior eucaristía de Primeiras Comunións. O baile correrá a cargo da orquestra Costa Dorada.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button