ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Comezan as mobilizacións en defensa do partido xudicial do Barco

Ao redor de 75 persoas concentrábanse no mediodía do 24 de xullo diante dos xulgados do Barco para manifestar a súa posición contraria ao anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial cuxa nova organización xudicial implicaría a desaparición do partido xudicial valdeorrés.

Esta concentración foi convocada pola Plataforma en defensa do Partido Xudicial Valdeorras e será a primeira dunha serie de mobilizacións que se pretenden levar a cabo en defensa dos xulgados do Barco. No acto un portavoz da plataforma explicou os motivos da protesta e tamén o que implicaría para unha zona como Valdeorras a perda do seu partido xudicial.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button