ConcellosQuirogaÚltima hora

Comezan os campamentos de verán do Concello de Quiroga

Este martes, 14 de xullo, os nenos recibiron a visita do alcalde, Julio Álvarez, e da concelleira de Educación, Loli Sánchez

O alcalde, Julio Álvarez, e a concelleira, Loli Sánchez, na súa visita ao campamento.

 

O pasado luns, 13 de xullo, deron comezo as actividades dos campamentos de verán organizados polo Concello de Quiroga, para nenos de entre 4 a 12 anos e que durarán ata o día 31 de agosto. Nesta mañá de martes, 14 de xullo, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez e a concelleira de Educación e Infancia, Loli Sánchez, visitaban os lugares onde se desnvolverán as actividades o próximo mes e medio.

A situación de “nova normalidade” derivada da pandemia do coronavirus obrigou a facer certas modificacións na organización dos campamentos respecto a anos anteriores. A programación realizarase baixo un protocolo sanitario que garantirá a seguridade tanto para os nenos como para os monitores, con toma de temperatura e xel hidroalcólico á entrada. Ademáis, nesta edición priorizáronse as actividades ao aire libre e os nenos estarán distribuídos en grupos de non máis de dez persoas, ubicados na Ludoteca e no Centro Social da Ribeira.

 

O alcalde e a concelleira durante a súa visita.

 

Segundo o Concello de Quiroga, as actividades programadas son “semellantes” en todos os grupos, pero os nenos “en ningún momento estarán xuntos”. Mañá, día 15, e o vindeiro mércores 22, está previsto que os rapaces visiten unha adega da zona.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button