EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Comezan os ensaios para a pasarela “O Barco de Moda”

Na tarde do 17 de setembro tiñan lugar unha serie de probas no Paseo do Malecón, no mesmo lugar onde o 21 de setembro se fará o desfile

 

Apenas queda unha semana para a celebración da pasarela outono-inverno “O Barco de Moda” do Centro Comercial Aberto (CCA), prevista para o vindeiro 21 de setembro, e ultímanse os detalles do evento.

Na xornada do 17 de setembro concretábanse cuestións cos establecementos participantes e tamén se facían ensaios cos modelos que desfilarán o próximo venres pola alfombra vermella, que se instalará no Paseo do Malecón (nas proximidades da pasarela que conecta co Salgueiral).

Nesta galería de fotos poden verse algúns momentos das sesións preparatorias das modelos valdeorresas, coordinadas por membros da Axencia Luena.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-eurovisiva-lucia-perez-presentara-a-pasarela-outono-inverno-o-barco-de-moda/

Artigos relacionados

Back to top button