En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Comezan os exames de Selectividade na Rúa

Preto de 130 alumnos examínanse ata o 10 de xuño no instituto Cosme López Rodríguez

Nalgunhas comunidades comezaron xa hai un par de días, pero en Galicia facíano hoxe, mércores 8 de xuño. Así, ás dez da mañá arrancaba o primeiro exame da Selectividade 2016 no instituto Cosme López Rodríguez da Rúa.

Distribuidos en dúas aulas, un total de 129 razaces e rapazas de Valdeorras, A Pobra de Trives, Viana do Bolo e Quiroga están a desenvolver as últimas Probas de Acceso á Universidade (a convocatoria chega ao seu fin tras 41 anos xa que o vindeiro curso substituirase por unha proba final de Bacharelato).

En horario de mañá e tarde, no primeiro día (8 de xuño) realizaranse os exames de Lingua Castelá e Literatura II; Historia de España e Historia da Filosofía; Lingua Galega e Literatura II; e Lingua Estranxeira. No segundo día (9 de xuño) tocaralle o turno ás materias de Matemáticas II, Grego II e Tec. Exresión Gráfico-Plástica; CC da Terra e Ambientais, Literatura Universal e Deseño; Química, Latín II e Debuxo Artístico II; Bioloxía e Historia da Arte; e Electrotecnia, Matemáticas Aplicadas CC Sociais e Artes Escénicas.

O terceiro e último día (10 de xuño), unicamente en horario de mañá faranse os exames de Física, Xeografía e Análise Musical II; Tecnoloxía Industrial II e Economía da Empresa; e Debuxo Técnico II e Historia da Música e da Danza.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button