ConcellosO BarcoÚltima hora

Comezan os labores para converter en aparcadoiro un solar próximo á praza barquense das Airas

 

Tal e como anunciara no pleno do mes de maio o alcalde do Barco, Alfredo García, un solar próximo á Praza das Airas (situada no casco antigo da vila) pasará a ser un aparcadoiro. “Temos o compromiso do dono dun solar que dá á avenida Manuel Quiroga para convertelo en aparcadoiro, con prazas suficientes para o casco vello e para Manuel Quiroga”, dicía nesa sesion plenaria o rexedor.

Ese anuncio comezaba a materializarse na mañá deste 10 de xuño, tal e como podía comprobarse ao pasar pola céntrica avenida Manuel Quiroga. Dende a propiedade do solar empezaba a limparse a zona de cara a prepararala para o seu uso como aparcadoiro. “Cando estea limpa, acondicionárase, botaremos zahorra, iso ten que repisar, e xa o prepararamos para aparcadoiro”, tal e como sinala Alfredo García.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button