ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Comezan os obradoiros de decoración navideña na Rúa Vella

Na tarde do 19 de outubro tiña lugar o primeiro no que participaba unha trintena de persoas

 

A comezos de mes a Asociación Cultural Sabugueiro da Rúa facía un chamamento a través das redes sociais, solicitando botellas de auga de 1,5 litros e tapóns reciclados para elaborar artigos navideños cos que decorar a vila de cara ao Nadal. Unha petición á que respondía moita xente e hoxe, sábado 19 de outubro, tiña lugar o primeiro obradoiro.

Unha trintena de persoas de diferentes idadades (a gran malloría mulleres), reuníanse pola tarde no adro da igrexa de Santo Estevo. Alí, no local de reunión dos veciños da Rúa Vella e sede do grupo de teatro A Ruada, nenos e maiores afanábanse en elaborar unhas árbores moi especiais, feitas con botellas de plástico. Uns medían, outros recurtaban os envases,… Cada un ten o seu papel para lograr o obxectivo: que cada casa teña neste Nadal unha árbore feita polos veciños e con material reciclado.

Este foi o primeiro de varios obradoiros que se desenvolverán ao longo do mes de novembro e ademais, o vindeiro domingo 27 de outubro, un día despois do magosto popular, farase outro obradoiro, desta volta infantil, para decorar cabazas con motivo do Samaín. Tal como explican dende a Asociación Sabugueiro, será de 16 a 19h. previa inscrición (5 euros) que inclúe material e merenda. Os interesados en asistir deberán enviar un WhatsApp antes do venres día 24 ao número 699 444 462 e o domingo levar a súa propia cabaza.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button