SanidadeÚltima hora

Comezan os obradoiros de memoria no Barco

Impartiranse semanalmente ata o 31 de decembro na vila e en cinco núcleos rurais deste concello valdeorrés

 

Cartel dos obradoiros.

Unhas 80 mulleres están participando nos obradoiros de memoria que veñen de comezar hai uns días no concello do Barco. Están a desenvolverse semanalmente na propia vila pero tamén noutros cinco núcleos rurais barquenses: Éntoma, A Proba, Veigamuíños, Millarous e Vilanova.

Aínda quedan prazas libres polo que as persoas interesadas poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco (edificio do Concello Vello). Os obradoiros son de balde e impartiranse ata o vindeiro 31 de decembro e están organizados dende a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close