CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Comezan os preparativos do 1º Festival de Instalacións Artísticas do Barco

Esta innovadora iniciativa, que aposta achegar a arte contemporánea á rúa, desenvolverase do 8 ao 30 de setembro nesta vila valdeorresa

Serán sete intervencións artísticas noutros tantos lugares emblemáticos do Barco. Do 8 ao 30 de setembro desenvolverase enBarcArte, o 1º Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano. Unha proposta atrevida e diferente para achegar a arte máis emerxente ao público promovida por Jorge Barredo co apoio do Concello do Barco.

Os preparativos para comezar a colocar cada unha das instalacións, que deberán estar listas o 8 de setembro, comezaban xa na xornada do 31 de agosto na beira do río Sil, espertando a curiosidade e interese dos veciños. Esta iniciativa artística está incluída no programa das Festas do Cristo 2018.

Fotos cedidas por Jorge Barredo.

Artigos relacionados

Back to top button