CulturaCulturaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Comezan os preparativos do Entroido de Salcedo

O local da Asociación de Veciños de Salcedo (Pobra do Brollón, Lugo) acollía unha xuntanza-cea na noite do 8 de novembro coa que se marcaba o inicio da organización da vindeira celebración do Entroido nesta localidade. Neste encontro, con medio cento de participantes, acordábase a designación das persoas que se encargarán de coordinar os diferentes elementos deste rico e ancestral Entroido galego: dúas para o relacionado co ritual do Oso (que aparece polo pobo o Luns de Entroido), tamén dúas para o teatro que congrega a multitude persoas na fin de semana do Sábado e Domingo de Entroido, outras tantas para as Madamas e os Danzantes e para os cantares de cego e tres para os disfraces de campo.

O feito de que esta designación se faga nun encontro festivo non é casual. Ademais de compartir unha animada cea, as sobremesas aprovéitanse para ir aportando ideas e mesmo tomando notas de cara a obras teatrais que logo cobrarán vida nas datas carnavalescas. Ademais, esta xuntanza busca rescatar o espírito das antigas esfollas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button