ConcellosÚltima hora

Comezan os traballos para eliminar un punto de vertido incontrolado en Viana do Bolo

Está no lugar de Ferradal e nesta actuación investiranse uns 13.000 euros, segundo informa Medio Ambiente

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tren previsto iniciar o 15 de novembro os traballos para a eliminación dun punto de vertido incontrolado (PVI) no Concello de Viana do Bolo cun custo estimado de máis de 13.000 euros. “Esta nova actuación forma parte dunha campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos, nos que se van acumulando residuos sólidos de distinta natureza co prexuízo que isto ocasiona para a contorna desde un punto de vista ambiental e estético”, segundo se informa dende este departamento autonómico.

O lugar de Ferradal é onde se ten constada a presenza deste punto de vertido incontrolado; polo que os traballos consistirán na recollida, clasificación e retirada do material acumulado nesta zona e que, a primeira vista e sen prexuízo do que se poida atopar conforme avance a actuación, consiste basicamente en residuos procedentes da construción e a demolición, plásticos, madeira, pneumáticos fóra de uso, voluminosos, así como aparellos eléctricos e electrónicos. Así mesmo, tamén se traballará na revexetación dos solos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira.

Coa limpeza dos puntos de vertido incontrolado perséguese minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental orixinados polos vertidos incontrolados, logrando a integración do lugar coa súa contorna e eliminando o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares, aseguran dende Medio Ambiente.

Artigos relacionados

Back to top button