OurenseÚltima hora

Comezan os xoves de concertos do Verán Cultural do Concello

As actuacións serán gratuitas e levaranse a cabo na praza de San Martiño
Belén Iglesias e Manuel Freire, na presentación das actividades.
Belén Iglesias e Manuel Freire, na presentación das actividades.

O Concello de Ourense pón en marcha a segunda edición do Verán Cultural, que ofrece concertos musicais todos os xoves dos meses de xullo, agosto e parte de setembro. Así, a programación deste ano bota a andar este xoves 14, a partires das 23h, na Praza de San Martiño. Este será o escenario elixido para a maioría das actuacións, con entrada de balde.

“Falamos de pór en práctica estas actividades que enchen de vida os espazos públicos, coma o festival de danza Corpo á terra”, que tivo lubar estes días na cidade con gran acollemento por parte da cidadanía”, explicaba a edil de Cultura, Belén Iglesias, na presentación das actividades.

Pero non só haberá espazo para a música. Tamén se inclúe no Verán Cultural outras actividades como números humorísticos e acrobáticos. “A praza é pequena, pero acolledora, e cunhas escaleiras que fan de anfiteatro, o que converte o espazo en moi acaído para este tipo de actos”, engadiu Manuel Freire, técnico da Concellería.

A concelleira tamén aproveitou para agradecer a “implicación da Xunta, que a través de Agadic impulsa a maior parte dos concertos dos xoves, da Deputación, coas Xornadas de Folclore, e tamén dos hostaleiros da Praza de San Martiño, que programan dúas actuacións”.

O calendario queda como segue:

XULLO
Xoves 14, 23h – De vacas
Xoves 21, 23h – Asacocirco (acrobacias e malabares con lume)
Xoves 28, 23h – A banda da Balbina (música)

AGOSTO
Xoves 4, 23h – Vaia trío
Xoves 11, 23h – Uxía e Narf
Martes 16, 23h – Xornadas de Folclore (Na Praza Maior)
Mércores 17, 22:30h – Silvia Alonso (Na Praza Maior)
Xoves 18, 23h – Samuel Leví y los niños perdidos
Xoves 25, 23h – Los Mecánicos

SETEMBRO
Xoves 1, 22h – Delicatessen Group
Xoves 8, 22h – Fado violado
Xoves 15, 22h – Rosa Cedrón con Emilio Rúa
Xoves 22, 22h – Tonichi y Pacheco
Xoves 29, 22h – Sleepwalker

Artigos relacionados

Back to top button